Aumenta a presión asistencial na área sanitaria con 94 pacientes covid nos hospitais de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción
Este venres 19 de febreiro rexístrase un lixeiro incremento da presión asistencial nos Hospitais da área sanitaria ao sumarse dous novos ingresos por coronavirus. Segundo os datos ofrecidos pola Consellería de Sanidade hai 94 pacientes hospitalizados, dous máis que hai 24 horas.
Atópanse 78 pacientes en planta, un máis que este xoves, repartidos en 69 en Montecelo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 5 no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 4 no Hospital do Salnés. A esta cifra hai que sumar 16 pacientes covid, un máis nas últimas horas, ingresados no servizo de Coidados Críticos do Hospital Montecelo.
Os datos da Consellería reflicten 1.398 casos activos na área sanitaria, con 59 novos casos positivos detectados nas últimas horas. Desta cifra 1.304 enfermos atópanse superando a enfermidade nos seus domicilios.
Nas 436 probas PCR realizadas durante o último día atopáronse 54 novos casos, unha porcentaxe do 12,38%. A incidencia acumulada en 7 días é de 133,21 (-8,2) mentres que a incidencia acumulada en 14 días na área sanitaria é de 340,41 (35,6).
DATOS EN GALICIA
Galicia suma este venres 353 novos contaxios pola covid-19, 297 menos que hai sete días.
O número de casos activos é de 10.040 persoas, das que 644 se atopan hospitalizadas e 169 mantéñense na Unidade de Coidados Críticos de hospitais da comunidade. Nas últimas horas, a Consellería de Sanidade notifica sete falecementos por culpa da pandemia.
En total, desde o inicio da pandemia o número de persoas falecidas en Galicia é de 2.154 persoas, segundo os datos que manexa o Servizo Galego de Saúde.
Relacionadas:
-
Falece un home de 54 anos no Hospital Montecelo por covid-19
Por Redacción |
-
Pontevedra baixa por primeira vez desde hai un mes dos 300 casos activos por covid-19
Por Alejandro Espiño |
-
O número de casos positivos baixa lixeiramente nos municipios da área sanitaria
Por Redacción & Isabel Feijóo Gallardo |
-
A presión nos hospitais segue a relaxarse, pero a media de novos positivos diarios mantense en 50
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Baixada lixeira da presión asistencial na área sanitaria onde permanecen 81 pacientes covid en planta e 15 na UCI
Por Anxo Lourido |