A borrasca 'Karim' deixará ventos de máis de 100 km/hora nas Rias Baixas
A Xunta de Galicia comunicou este xoves para a xornada deste venres a prohibición das actividades nos exteriores dos centros educativos ante o perigo da chegada da borrasca 'Karim'. Esta nova fronte obrigou a activar a alerta laranxa na provincia de Pontevedra e A Coruña por temporal costeiro e refachos de vento de compoñente sur superiores a 100 km/hora e ao parecer prevese que 'Karim' seguirá sendo a protagonista desta fin de semana no litoral costeiro pontevedrés.
Segundo os datos ofrecidos por Meteogalicia, nas Rías Baixas agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros con precipitacións todos os días. O sábado prevese un día de fortes precipitacións con chuvia dende as 06:00 horas que se prolongarán durante toda a mañá sen cesar ata a as 15:00 horas e as temperaturas manteranse entre os 13º e os 15º, deixando unhas mínimas bastante altas con respecto ao habitual nesta época do ano.
O vento seguirá sendo o protagonista de cara fin de semana xa que se esperan no litoral de Pontevedra refachos de compoñente sur de máis de 100 km/hora. O refacho máximo de vento darase na madrugada do sábado para o domingo, dende as 00:00 horas ata as 09:00 da mañá, polo que ser espera que posteriormente a situación mellore.
Con respecto á xornada do domingo amanecerá sen precipitacións durante a mañá, polo que parece que a borrasca perderá forza e desactivará a alerta laranxa de vento de compoñente sur, pero a choiva voltará a medida que vaia avanzando o día, aínda que con menor intensidade. Sin embargo as temperaturas baixarán con respecto ao sábado manténdose entre os 7º e os 13º, con mínima en descenso moderado aínda que oscilará, e máxima en descenso lixeiro.