O Showroom de vodas e comuñóns impulsado por PonteLovers será emitido en streaming dende a Finca Batacos
O evento se celebrará a fin de semana do 20 ao 21 de marzo e será retransmitido en streaming dende o escenario da Finca Batacos, situada na parroquia de Salcedo. A pasarela impulsada pola concellaría de Promoción Económica, que dirixe Yoya Blanco, e La Boda de Nerea, será conducida pola presentadora Eva Iglesias e contará coa presenza do chef Estrella Michelin Iñaki Bretal.
Despois do éxito que se acadou en decembro coa emisión online de PonteModa Nadal, a Concellería de Promoción Económica e Turismo volve impulsar unha nova pasarela, en colaboración coa plataforma #PonteLovers e a firma especializada en eventos e grandes celebracións 'La Boda de Nerea: un Showroom de Vodas e Comuñóns'. O evento incluirá desfiles de comuñón, noiva, lencería ou tocados. A sección ‘Cámbiame’ seleccionará a dúas mulleres para un cambio de imaxe.
O evento será transmitido en directo pola presentadora, actriz e cantante Eva Iglesias, colaboradora do programa de televisión Land Rober-Tunai Show. Encargarase de desenvolver as entrevistas a cada un dos responsables dos comercios locais participantes.
A concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, explica que "ademais dunha pequena exposición dos artigos e servizos dos establecementos implicados na iniciativa, o showroom ofrecerá desfiles de comuñón, noiva, lencería, tocados ou ramos de noiva nos que os comercios poderán poñer en acción o seu traballo". Ademais, asegura que "para darlle aínda máis glamour a esta pasarela de moda online, teremos a sorte de contar na Finca Batacos coa presenza do chef Iñaki Bretal, cociñeiro do Eirado da Leña, primeiro Estrella Michelin de Pontevedra, que tamén protagonizará unha entrevista especial acompañado por unha servidora".
Outra das novidades do evento será unha sección denominada 'Cámbiame', na que seleccionarán a dúas mulleres de a pé para que experimenten un cambio de imaxe, non só por fóra senón que tamén por dentro.
Tal e como sinala Yoya Blanco, "nesta parte da programación tamén se lle dará un importante protagonismo ás tendas locais, posto que serán elas as que colaboren cos seus produtos, dándolle deste xeito unha publicidade engadida ao comercio de Pontevedra".
Ata o momento xa confirmaron a súa participación no Showroom unha vintena de firmas. Non obstante, a concelleira de Promoción Económica constata que "esta lista inicial irase ampliando sen dúbida nos vindeiros días, xa que hai moitos outros establecementos comerciais que amosaron o seu interese e que faltan aínda por confirmar". Tamén di que o importante "é que, pese á pandemia, este tipo de iniciativas se continúen a organizar. A pasarela PonteModa Nadal superou dende logo as expectativas na súa emisión en streaming e esta conta con tódolos ingredientes para triunfar".
A edil do PSOE convida á cidadanía a seguir o showroom en directo dende as redes do Concello e de #PonteLovers, os días 20 e 21 de marzo en horario de 16:00 a 20:00 horas.