Coidado con esta mensaxe, é unha estafa: "FedEx: Tu envío esta por llegar, rastréalo aquí"
Por Redacción
"FedEx: Tu envío esta por llegar, rastréalo aquí". Se vostede recibe esta mensaxe de texto, non pique na ligazón, pois pode introducir no seu teléfono móbil un virus troiano que lle rouba os seus datos bancarios.
É unha das últimas modalidades de estafa que se estendeu nos últimos días por toda España e xa hai constancia de veciños de Pontevedra que a recibiron (as imaxes que acompañan esta información mostran as mensaxes recibidas por dúas deles)/deles). Algúns deles, mesmo recibiron xa dous en días diferentes.
Desde a Comisaría Provincial da Policía Nacional de Pontevedra confirman a proliferación desta estafa, da que xa alertaron hai días desde as redes sociais deste Corpo policial, e lembran que nas últimas semanas multiplicáronse este tipo de fraudes que tentan cometerse a nome de coñecidas empresas de paquetería como DHL ou Correos.
Días atrás, a Policía Nacional de Pontevedra xa alertou de que se recibiron cinco denuncias na Comisaría por este tipo de estafas. Algunhas delas realízanse a través de chamadas telefónicas e outras a través de SMS, pero todas teñen a mesma finalidade de enganar ao cidadán para facerse cos seus datos bancarios.
No caso desta última de FedEx, a ligazón incluída na mensaxe leva ao usuario a "Fedex. apk", unha aplicación de malware que pon ao dispor dos estafadores as súas claves e contactos.
Ante este tipo de mensaxes, conveñen eliminalos de forma inmediata e bloquear o número.
Cada día recibimos más envíos por mensajería
— Policía Nacional (@policia) February 10, 2021
OJO con los fraudes que intentan que pinches un enlace con la excusa de que rastrees un paquete#NoPiques pic.twitter.com/POPk4qcn3B