Meaño contratará 16 novos traballadores nun plan de emprego
Por Redacción
O Concello de Meaño vai destinar 148.500 euros da liña 3 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra á contratación de 16 novos traballadores a través dun novo plan de Emprego.
As prazas ofertas están dirixidas a persoas desempregadas, o Concello fai as solicitudes de persoal e o SEPE (Servizo Público de Emprego Estatal) será o encargado de enviar os posibles candidatos para cada posto, logo a administración municipal abrirá o proceso selectivo para cubrir as vacantes. As contratacións serán por unha xornada de 35 horas semanais.
O Concello decidiu facer este reforzo de persoal para o servizo municipal de obras, de medio ambiente, servizo de limpeza e para servizos educativos (campamentos, comedor escolar).
As ocupacións que se solicitan son 1 conductor de camión en xeral: 9 meses, 6 peóns de obras públicas: 6 meses, 4 albaneis en xeral: 6 meses, 1 monitor de eduación e tempo libre: 6 meses, 1 persoal limpeza: 9 meses, 1 persoal limpeza: 4 meses, 1conserxe: 9 meses e 1 traballador forestal: 8 meses.
O alcalde Carlos Viéitez indica que con este novo plan de emprego "cubrimos e reforzamos as necesidades operativas do Concello, e vamos incrementar a cantidade e mellorar a calidade na prestación de servizos ós nosos veciños e veciñas".
Relacionadas:
-
Meaño completa a humanización da contorna da igrexa de Simes
Por Redacción |
-
Adaptación do PXOM de Meaño para dar cobertura a talleres, uso acuícola e servizos funerarios
Por Redacción |
-
Oferta de emprego do Concello para persoal operario empadroado en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Caldas contrata 11 novos traballadores nun Plan de Emprego de 163.400 euros
Por Redacción |
-
Vilagarcía quere contratar 38 operarios cun plan de emprego que supera o medio millón de euros
Por Oskar Viéitez |
-
Obras, limpeza e servizos son as áreas nas que Poio abrirá procesos de contratación temporal
Por Redacción |