A Igrexa Católica inmatriculou 1.383 bens na provincia de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Un total de 1.383 bens foron inmatriculados na provincia de Pontevedra pola Igrexa Católica entre 1998 e 2015, con motivo da reforma da Lei Hipotecaria levada a cabo polo Goberno de José María Aznar que permitiu á Igrexa rexistrar ao seu nome inmobles só cunha certificación eclesiástica.
Obviamente algúns son templos pero tamén hai leiras rústicas, colexios, vivendas, solares, locais comerciais, cemiterios e prazas de aparcamento, entre outros.
Son datos oficiais da listaxe que o Goberno enviou este martes ao Congreso dos Deputados e na que chama a atención que A Coruña é a provincia con máis bens inmatriculados de todo o país (2.669).
A vicepresidenta primeira do Goberno e ministra da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática, Carmen Calvo, declarou este martes en rolda de prensa que "las inmatriculaciones se han producido al amparo de una situación legal, otra cosa es que, a lo largo de los años, haya habido posicionamientos contrarios a la reforma que propició el gobierno de Aznar, pero ha sido a la luz de una legalidad".
A partir da publicación desta listaxe, calquera persoa física, xurídica ou administración pública que discrepe pode reclamar algún destes bens, xa sexa por "vía administrativa", para que a Administración Xeral da Estado abra a investigación correspondente, ou por "a vía dos tribunais".