A área sanitaria non atopa casos positivos no cribado feito en Sanxenxo
Por Redacción
Os cribados poboacionais con test rápidos de antíxenos efectuados en pasadas datas no Concello de Sanxenxo pola área sanitaria de Pontevedra e O Salnés non detectaron ningún caso positivo de Covid 19 nesta localidade.
Cómpre lembrar que este cribado voluntario tivo lugar no centro de saúde de Vilalonga, no Concello de Sanxenxo, entre o pasados xoves 11 e o sábado 13 de febreiro.
Á dita iniciativa preventiva a administración sanitaria pública convocou, gradualmente e vía SMS telefónico, á poboación sanxenxina de entre 40 a 49 anos de idade, colectivo que nesta localidade acada a arredor das 2.600 persoas.
Segundo informou o Sergas, achegáronse a efectuar o cribado un total de 1.745 cidadáns, cifra que representa unha porcentaxe do 67,1 por cento da convocatoria voluntaria.
Para levar a cabo este cribado, a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés contou no centro de saúde de Vilalonga durante a pasada fin de semana con tres equipos de enfermaría en cada turno, que efectuaron tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización e procesado das tomas de mostras nasofarínxeas e información aos usuarios.
Relacionadas:
-
Tendencia xeral de descenso en casos covid nos municipios
Por Redacción |
-
Baixada lixeira da presión asistencial na área sanitaria onde permanecen 81 pacientes covid en planta e 15 na UCI
Por Anxo Lourido |
-
Novos cribados preventivos no centro Méndez Núñez e nas residencias de Campolongo e Saraiva
Por Redacción |
-
Unha muller de 68 años falecida en Montecelo, vítima 142 pola covid-19 na área sanitaria
Por Redacción |
-
Continúan en baixada os casos covid nos principais municipios da área sanitaria
Por Redacción |
-
Comeza o cribado en Vilalonga: "Xa o tiñan que ter feito antes", afirman os veciños
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Sanidade efectuará no centro de saúde de Vilalonga novos cribados preventivos
Por Andrea Sánchez Barreno |