Un Ravachol confinado convida os pontevedreses a gozar do Entroido desde a casa
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A covid-19 impediu que os pontevedreses podamos gozar do Entroido como nos gusta: na rúa. Pero iso non evitou que os concellos optasen por trasladar a festa ás redes. Así o fixo o goberno municipal de Pontevedra coa súa programación alternativa.
Dentro desta oferta telemática o protagonista segue sendo Ravachol ao que, entre outras iniciativas, dedícaselle unha exposición dixital sobre a súa evolución ao longo dos anos.
Para animar aos cidadáns para visitar esta mostra retrospectiva, que se pode contemplar a través da web municipal, o emblemático loro quixo mostrar como está a pasar esta época 'confinada'.
Desde o taller da Asociación Recriativa de Xeve, responsables cada ano da ambientación de Ravachol, o loro saúda os pontevedreses coa súa inseparable máscara.
"Este ano o Entroido vai por dentro" é a mensaxe que lle acompaña. Fagámoslle caso.