Trocan as protestas diante do centro de saúde de Marín por repartición de follas de reclamacións
Por Redacción
Ante a situación sanitaria e as restricións de mobilidade, o BNG acordaba suspender as concentracións que periodicamente viña mantendo diante do centro de saúde de Marín, situado na zona do Busto de Arriba.
Con todo, o BNG anuncia que continuará coas súas accións para demandar á Xunta que reactive a atención primaria presencial a través dunha campaña de reclamacións ante o Sergas. Nesta semana, membros do partido nacionalista comezarán a repartición de follas de reclamacións entre a poboación de Marín.
Deste modo, os próximos xoves 18 e venres 19 de febreiro sairán á rúa para informar e repartir un modelo de reclamación que cada persoa poderá presentar no centro de saúde ou ben por vía temática.
"Pretendemos que lle cheguen ao Sergas as demandas maioritarias no noso concello de melloras na atención, como son: a substitución do persoal sanitario e administrativo cando teña que ausentarse do seu posto de traballo, a mellora e incremento dos medios materiais e, o mais importante, a volta a unha atención presencial, como a mellor forma de tratar e detectar as enfermidades e patoloxías", comunican desde o BNG, á vez que insisten en que, no tocante á actual pandemia "unha sanidade pública de calidade e forte é o mellor instrumento para enfrontarnos á situación sanitaria de pandemia que estamos padecendo, e a garantía de que ninguén vai quedar atrás no diagnóstico e tratamento do resto das doenzas".
Ademais, alertan de que o Goberno autonómico non amosa ningunha intención de "mellorar e incrementar os orzamentos sanitarios" e poñen como exemplo "o proxecto de Lei de Saúde actualmente en tramitación onde se botan en menos medidas sanitarias e se pretenden limitar dereitos fundamentais dos galegos e galegas", polo que consideran necesario continuar coas accións, neste caso centradas na sanidade da vila de Marín.
Relacionadas:
-
Entregadas máis de 500 sinaturas en defensa da sanidade pública
Por Redacción |
-
O BNG de Marín esixe que se retome a asistencia presencial nos centros de saúde con outra manifestación
Por Redacción |
-
O BNG de Marín chama a mobilizarse por unha atención sanitaria presencial e máis medios no centro de saúde da vila
Por Redacción |
-
Volven as concentracións para demandar mellor asistencia sanitaria en Marín, convocadas polo BNG
Por Redacción |
-
Concentración diante do centro de saúde de Marín para reclamar atención presencial
Por Redacción |
-
Convocan unha concentración para demandar a atención presencial na asistencia sanitaria en Marín
Por Redacción |
-
Toda a oposición demanda no Parlamento máis medios e persoal para o centro de saúde de Marín
Por Oskar Viéitez |