O PP pídelle ao alcalde que se desculpe cos veciños de García Escudero
Por Redacción
A concelleira do grupo municipal do Partido Popular, María Biempica, referiuse este mércores a visita feita polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ás obras da praza de Valentín García Escudero para decir que o rexedor "esqueceu o máis importante, que era pedirlle desculpas aos veciños por condenalos a convivir durante anos cun vertedoiro".
Biempica dille ao grupo de goberno "que deixe de marear a perdiz con este problema"
Para os populares o caso da praza de García Escudero é "o paradigma dun despropósito" xa que tras sete anos de "absoluto deixamento, coa sucesión de anuncios sobre a súa conversión en museo, sobre a cubrición dos restos arqueolóxicos para arranxar a zona ou sobre a execución dun proxecto que nin tapa nin humaniza", dixo Biempica "o alcalde volveu a deixar moi claro que aínda non ten idea do que vai facer".
Biempica dille ao grupo de goberno "que deixe de marear a perdiz con este problema" e ofreza e execute unha solución que agrade a unha veciñanza "máis que farta de convivir cunha esterqueira".
A concelleira popular lembrou as alternativas propostas para a zona: deixar unhas pegadas en superficie do trazado da antigua muralla, ao igual que xa se fixo noutros puntos da cidade como o tramo entre a Ferrería e a praza de Curros Enríquez, ou instalar unhas ventás arqueolóxicas similares ás que existen para a Piscina Romana da praza de Santa María de Lugo ou os restos romanos das Burgas en Ourense.
Biempica matizou que se trata de investimentos relativamente modestos (104.000 é 176.000 euros, respectivamente) que achegarían un importante valor engadido e permitirían preservar os vestixios de xeito eficiente.
Por último, a representante popular lembrou que o Concello leva investidos máis de dous millóns de euros en esta "desconcertante" actuación.
Relacionadas:
-
Valentín García Escudero, o "quilómetro cero" da Pontevedra romana, estrea o seu novo aspecto
Por Alejandro Espiño |
-
O PP esixe a cubrición e o axardinamento total da praza de Valentín García Escudero
Por Redacción |
-
O PP denuncia o "completo abandono" da praza Valentín García Escudero e urxe solucións
Por Alejandro Espiño |