Fouces denuncia que a actitude da Xunta coa Unidade de Atención ao Drogodependente "é o colmo do abuso"
Por Alejandro Espiño
A Unidade de Atención ao Drogodependente de Pontevedra está nunha "situación límite". Os problemas de financiamento son "graves e severos" e segundo a concelleira de Benestar Social, Carmen Fouces, "irán a máis". E todo porque malia os requerimentos por parte do goberno municipal, o Sergas négase a asumir a súa xestión. Así o desvelou este mércores a edil nacionalista que pediu á Xunta que rectifique esta decisión.
Carmen Fouces explicou que o custo anual deste servizo é de 521.000 euros, dos cales a Xunta de Galicia aporta 398.000. O resto, uns 123.000 euros corren a cargo do Concello de Pontevedra. "ÿ o colmo do abuso", afirmou a responsable de Benestar Social, xa que no convenio asinado coa FEGAMP só se recolle a achega municipal de 8.000 euros máis os gastos correntes do inmoble, situado na praza Valentín García Escudero.
ÿ a cantidade que está recoñecida polos servizos de Intervención municipal, malia que o Concello aporta 112.000 euros adicionais para que esta unidade siga coa súa actividade. Unha situación económica que podería empeorar, xa que segundo Fouces, a Xunta reducirá a súa achega, xa que a partir de agora cada convenio abarcará 14 meses, en lugar dos doce actuais, "o que supón un gasto extra de 50.000 euros por cada mes".
Fouces recordou que esta Unidade de Atención ao Drogodependiente "é un centro sanitario con facultativos á fronte e depende do servizo de Saúde Mental de Montecelo", polo que insistiu en que "debe ser atendido polo Sergas". Malia iso, o organismo trasladoulle á FEGAMP, segundo a edil nacionalista, "que están tremendamente contentos co servizo tal e como está, que funciona moi ben e que non teñen previsto ningún movemento".
Pero o Concello de Pontevedra non se resigna e Carmen Fouces anunciou que seguirán loitando para que o Sergas asuma a xestión total da unidade, da cal encomiou a o traballo "imprescindible" dos seus profesionais. Asegura que a Xunta "quita os servizos sociais aos concellos e lles deixa os servizos deficitarios", tendo estes, dixo, "que poñer cartos enriba da mesa e ostentar competencias impropias".
Por iso é polo que Carmen Fouces insistise en que o Concello de Pontevedra e o Sergas deben chegar a un acordo. "Ou poñen máis cartos ou se fan cargo dela", afirmou. "Nós non podemos asumir máis". E é que recordou que esta unidade dá servizo a trece concellos "e só a financiamos nós". Por iso, suxeriu a posibilidade de que todos estes concellos colaboren económicamente, de forma proporcional, no seu financiamento.
En todo caso, Fouces reiterou que o Concello non se plantexa deixar de prestar este servizo, pero adiantou que os servizos xurídicos están estudando as accións legais "que temos de acollernos á xustiza" para poder reclamar unha solución pola vía xudicial.
Relacionadas:
-
Falta de acordo entre Concello e Xunta pola Unidade de Atención de Drogodependencias
Por Diego Espiño |
-
Sanidade recibirá o luns ao Concello para tratar a situación da Unidade asistencial de drogas
Por Redacción |
-
O Concello pedirá á Xunta que asuma o control do Centro de Atención a Drogodependentes
Por Redacción |