Zafarrancho de limpeza nos ríos Gafos, Tomeza e Couso
Por Redacción
Os ríos Tomeza, Gafos e Couso, todos eles con percorrido polo termo municipal de Pontevedra, están a ser obxecto dun completo zafarrancho de limpeza de distinta natureza e autoría.
No caso dos ríos Tomeza e Gafos, a entidade ecoloxista Vaipolorío realizou este sábado tarefas de lImpeza dos ollos das pontes.
Desde a asociación explican que as enchentes das últimas semanas están a producir taponamentos polo arraste de pólas e diferentes elementos vexetais.
No río Couso, a actuación corre a cargo de Augas de Galicia,departamento dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. Trátase de traballos de conservación e limpeza nun tramo do río ao seu paso polo lugar do Couso, na parroquia de Xeve.
Tamén neste río, as tarefas que se están a desenvolver céntranse na retirada das árbores e pólas caídas na canle que poden formar taponamentos, así como da madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.
Relacionadas:
-
Vaipolorío repoboará con especies autóctonas a ribeira do río Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
Adiantarase este ano o final do inverno ante a aparición da flor Primavera?
Por Isabel Feijóo Gallardo |
-
Un sumidoiro no Marco leva unha década vertendo fecais ao río Gafos cada vez que chove
Por Oskar Viéitez |
-
Reforma de 50 metros do sendeiro fluvial dos Gafos afectados polas escorras das enchentes
Por Redacción |