Unha faísca nunha frixideira orixina un incendio nunha pizzaría de Blanco Porto
Por Redacción
Ás 14:00 horas, os bombeiros de Pontevedra acudían ata o restaurante Il buon mangiare situado na rúa Branco Porto. Segundo os primeiros datos, unha faísca do cadro eléctrico saltou ata a frixideira da cociña e produciuse un pequeno incendio que orixinou unha importante fumareda negra. No comedor non se encontraba ningunha persoa no momento en que comezou o lume e os clientes que estaban na barra da cafetaría do establecemento saíron sen problemas do local e non sufriron danos persoais.
O propietario, Pablo Fontenla, manifestaba que "fue un susto. Por suerte no se ha producido ningún daño entre los trabajadores ni entre clientes y vecinos", aínda que o pequeno incendio si causou danos na cociña da pizzaría ao afectar á campá. Os veciños e os propietarios do restaurante chinés situado ao lado, Lon Fon, tamén se achegaron ata o establecemento debido á alarma que xeraba o fume.
A Policía Local mantivo o tráfico cortado na rúa Blanco Porto durante o tempo en que os bombeiros estiveron a traballar no restaurante.