Comezan os traballos previos á peonalización de Benito Corbal
Por Redacción
A peonalización de Benito Corbal ponse en marcha. O Concello de Pontevedra inicia este xoves os traballos previos á obra traballando nas confluencias das rúas Blanco Porto con Cruz Gallástegui e Daniel de la Sota con Castelao. Instalarase o punto de obra e os valados e os operarios comezarán a levantar os pavimentos e beirarrúas necesarios para poder cambiar de sentido as rúas. Son unos traballos que durarán ao redor de dúas semanas.
Tal e como informara o concelleiro delegado da área urbana, Luís Bará, os traballos de Benito Corbal comezarán obrando previamente nestas confluencias eliminando parte das beirarrúas e zonas almenadas para poder cambiar as direccións de tráfico en Cruz Gallástegui e Castelao, como consecuencia da peonalización de Benito Corbal.
Nunha primeira fase, está previsto que coa peonalización se cambie o sentido do tráfico nas rúas Cruz Gallástegui e Castelao. Posteriormente a intención do goberno local é atender, sinalan, as peticións dos comerciantes e residentes destas rúas para ampliar a peonalización a todas elas para o vindeiro ano.
Seguindo o calendario previsto, os traballos de peonalización e peche ao tráfico de Benito Corbal non comezarán ata a primeira semana de outubro. E o compromiso do goberno, é que a obra estea rematada para a campaña de Nadal.
Para que este peche pódase facer sen especiais incidencias, xa están avisados os taxistas que trasladarán a súa parada para as rúas Daniel de la Sota e Castelao, a parada do autobús escolar que se trasladou para a praza de Galicia e a parada do autobús a Monte Porreiro, que deixará esta zona da cidade para trasladarse cara Doce de novembro e José Malvar.
Relacionadas:
-
"Normalidade absoluta" no primeiro día de corte ao tráfico de Benito Corbal para a súa peonalización
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Policía Local prevé atascos polas obras de Benito Corbal
Por Redacción |
-
O 8 de outubro, data prevista para o inicio das obras de peonalización de Benito Corbal
Por Alejandro Espiño |
-
A peonalización de Benito Corbal comezará na súa confluencia con Sagasta, fronte a Zara
Por Redacción |
-
ÿltimos días para circular en coche por Benito Corbal
Por Redacción |
-
O Concello pacta coa empresa que peonalizará Benito Corbal que a obra estea "a mediados de decembro"
Por Redacción |