O PP de Poio quéixase por non ter acceso ao rexistro municipal
Por Oskar Viéitez
O grupo local do Partido Popular de Poio quéixase por non ter acceso ao rexistro municipal.
Según informaron dende o PP, o pasado 14 de xaneiro presentaron unha solicitude de acceso e remisión semanal dos rexistros municipais de entrada e saída e o alcalde, Luciano Sobral, tendo un prazo de 5 días para responderlles, aínda non o fixo.
Os populares preguntan polo motivo desta demora na contestación e salientan que "non estamos a pedir nada que non permita a lei nin nada que non se esté a facer noutros concellos"
Por último, o concelleiro do PP, Sergio Pereira, di que "é incomprensible esta pasividade e pouca transparencia do Tripartito".