A D.O. Rías Baixas agarda comercializar máis de 20 millóns de litros coa colleita deste ano
Por Redacción
A poucos días de iniciarse a plena actividade da campaña da vendima, o presidente e o xerente da Denominación de Orixe Rías Baixas, Juan Gil e Ramón Huidobro se reuniron co presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, para analizar as últimas novidades en relación co sector. Segundo expuxo Juan Gil vénse detectando un cambio de tendencia na recollida de uva. Estase a pasar do minifundio a explotacións de máis de 2 hectáreas das propias adegas que proporcionan en torno ao 33% da colleita anual, segundo indicaba Ramón Huidobro. Na actualidade xa son máis de 400 na Denominación.
O presidente do Consello Regulador da D.O. Rías Baixas, Juan Gil, indicaba que este cambio é positivo dende o punto de vista da venda internacional pero, ao mesmo tempo, afirmou que é necesario combinar estas propostas cos pequenos cultivos que permiten facer "viños diferentes, moi singulares,".
Segundo Juan Gil, nesta campaña da vendima está previsto que se emitan entre 20.000 e 30.000 xornais de traballo con máis de 10.000 persoas implicadas no traballo da recollida e tratamento da uva.
O presidente do Consello indicou, ademais, que tamén foi cambiando o modelo da recollida familiar da uva a unha fórmula máis profesional na que os salarios se axustan ao convenio vitivinícola. Según os datos que manexa o Consello, a Denominación conta con 6.700 viticultores.
Dende o Consello Regulador esperan unha boa vendima durante este ano con máis de 20 millóns de litros para comercializar.
Relacionadas:
-
A vendima chegou con atraso a Rías Baixas pero boa calidade
Por Oskar Viéitez & Aitana Vidal |
-
Comeza unha vendima que se prevé "abundante e de boa calidade" na D.O. Rías Baixas
Por Redacción |
-
Unións Agrarias critica o acordo de prezos da mesa do viño por ser "unha imposición das adegas"
Por Oskar Viéitez |
-
A mesa do viño Rías Baixas alcanza un acordo para a vendima que arrancará o 25 de setembro
Por Oskar Viéitez |