Recadación popular en Campo Lameiro a prol da loita contra o cancro infantil
A Asociación de Nais e Pais 'San Miguel' do CEIP Pedro Antonio Cerviño de Campo Lameiro, en colaboración co Concello substituirán este ano a 'Chocolatada Solidaria' para recadar fondos para a investigación e tratamento do cancro infantil por unha colecta en establecementos comerciais do municipio para reunir fondos para a causa.
A imposibilidade de realizar actividades que reúnan á poboación pola pandemia da Covid-19 non permite esta actuación para recadar fondos para a investigación e tratamento desta enfermidade que afecta a un número importante de cativos e que levanta a solidariedade entre a veciñanza do concello de Campo Lameiro.
As organizadoras lamentan que este ano non se poida facer a 'Chocolatada Solidaria' que tan bo resultado de participación e recadación lograra no ano 2020 na que actuaran como mestres de cerimonias o coñecido 'Lito da Panorama' e a presentadora e cantante Pili Pampín que foron, respectivamente, padriño e madriña deste evento.
A recadación realizarase colocando huchas nos establecementos comerciais do municipio que queiran colaborar con esta iniciativa solidaria así como nos edificios municipias e en tódalas igrexas do termo municipal. Tamén se poderán depositar doazóns no número de conta ES46 2080 0510 2630 0003 2410 pertencente á ANPA San Miguel de Campo Lameiro.