Arde un pendello de ferramentas entre dúas vivendas no poboado de Casas
Sobre as nove menos vinte da mañá deste 9 de febreiro un particular alertaba dun incendio dunha vivenda nunha leira privada en Casas, Marín. Un volume considerable de lapas nun pendello alertou aos veciños, segundo informou a Policía Local de Marín. O edificio atopábase anexo á vivenda do propietario, dentro da mesma leira, que o dono empregaba a modo de taller. O suceso produciuse na vivenda 38 do poboado de Casas, Ardán.
Inicialmente, o propietario do pendello tratou de apagalo, mais debido ao volume das lapas e á rápida evolución do incendio decidiu retirarse, xa que era precisa a utilización de medios máis específicos.
Cando chegaron os bombeiros do Morrazo o incendio estaba totalmente avanzado, con manifestación de lapas no exterior e unha estrutura moi debilitada na que xa se podían ver as fendas e o tellado xa colapsara.
Intentaron combatilo dende o exterior para enfríar o combustible interior e protexer as vivendas colindantes, que eran arredor de tres casas. O vento non favorecía a situación, xa que empurraba o fume cara as demais vivendas e tamén á estrada, polo que tiveron que sectorizar áreas seguras para que permaneceran os veciños da zona e evitar calquer posible perigo.
Despois das tarefas de extinción, deuse por controlado o lume e procedeuse a un derribamento controlado das partes máis perigosas da estrutura, xa que a dilatación producida polo cambio na temperatura pode provocar que caian os materiais, segundo os bombeiros do Morrazo.
Finalmente informouse ao propietario de que deixarían a zona balizada por seguridade e sen posibilidade de acceder á mesma. Únicamente houbo danos persoais e materiais, pero ninguén atópase ferido.