Os veciños da Lama sométense a un cribado masivo
Por Redacción
Ao longo da tarde deste luns os veciños da Lama de entre 15 e 40 anos que foron citados polo Servizo Galego de Saúde acudiron ao Centro de Saúde do municipio para someterse a un cribado.
O operativo está coordinado polo Sergas e o Concello, que pediron a "máxima colaboración cidadá" para que participe o maior número posible de citados.
Aquelas persoas confinadas por ser positivos de covid-19 ou por contacto directo con algún contaxiado non poderán participar no cribado.
Ademais, os resultados das probas serán comunicados por teléfono de forma individual no caso dos positivos. No que respecta a os negativos, estes non recibirán notificación algunha por parte das autoridades sanitarias.