VÍDEO.- Dous empresarios vilanoveses afincados en Alemaña doan ao seu municipio dez mil máscaras FFP2
Por Oskar Viéitez
Desde as empresas Aspira Logistics GmbH e Batea GmbH con sede na cidade de Hamburgo en Alemaña, dirixíronse ao alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán para doar 10.000 máscaras FFP2.
Á fronte destas empresas atópanse Ramón Rodil Calo e Miguel Ángel Garzón Rodil, que segundo lle trasladaron ao alcalde "tanto mi primo como yo somos hijos de unos vecinos de Vilanova de Arousa, que nos han inculcado toda la vida el amor y la pasión a nuestras raíces".
A súa empresa Batea GmbH dedícase á distribución de todo tipo de alimentación, onde os produtos estrela son comprados e elaborados en Galicia, desde conservas de peixe ata os viños de Rías Baixas.
Estes empresarios trasladaron ao rexedor vilanovés e ao seu equipo de goberno o seu agradecemento pola "gestión impecable que realizan con la pandemia".
"Debido a todos estos vínculos que nos unen, e impulsados por el deseo de sumarnos a la labor humanitaria desarrollada por ustedes", Ramón e Miguel Ángel ofreceron como donativo dez mil máscaras FFP2 KN95 (con+95% protección) que os Servizos Sociais do Concello de Vilanova xa está a distribuír entre "las personas más vulnerables y necesitadas de esta pandemia".
O alcalde puido agradecer persoalmente este xesto solidario nunha videoconferencia e expresar o seu orgullo polo traballo que están a levar a cabo estes dous veciños.