As obras do novo vial da Caeira estarán rematadas antes de verán
Por Redacción
Os traballos que se están a realizar no núcleo da Caeira, na parroquia de San Salvador transcorren "segundo o previsto a pesar das inclemencias metereolóxicas". Así o avanzou o Concello de Poio despois da visita á obra por parte da tenente de alcalde e responsable de Obras e Servizos, Chelo Besada, e o concelleiro de Urbanismo e Promoción Económica, Gregorio Agís.
Esta conexión entre Río Sil e Umia será de sentido único e contará cunha extensión que superará os 100 metros. O proxecto inclúe habilitar varias prazas de aparcamento en liña, así como beirarrúas, para garantir a seguridade peonil. Os operarios tamén traballan na dotación de diferentes servizos soterrados, entre os que se engaden as redes de saneamento, abastecemento e telecomunicacións. Finalmente, dotarán á rúa do correspondente firme e habilitarán luminarias. As beirarrúas terán un ancho de 2,5 metros, segundo detallaron os concelleiros de Obras e de Urbanismo.
Así mesmo, Besada e Agís amosaron a súa confianza en que a nova rúa poida estar operativa "antes do verán" e lembraron que as obras comezaron no ano 2019 pero co cese da actividade no 2020 impediu que os traballos contratados puidesen levarse a cabo. Ante a situación, o Concello reiniciou o proceso de licitación e sacar o proxecto a concurso. A obra conta cun orzamento total que ascende a máis de 72.000 euros e a firma encargada de levala a cabo é EC Casas.
Finalmente, lembran que a firma deste novo contrato realizouse a finais do ano pasado. Deste xeito, o Concello vai reactivando todas as actuacións que Nexia deixou pendentes de acometer en Poio e está traballando nos procesos para licitar os proxectos de mellora do núcleo da Seara, na parroquia de San Xoán, e en Lameiriña, en Raxó. En ambos casos, ademais de completar as obras pendentes engadirán melloras a maiores.
Relacionadas:
-
O novo vial da Caeira xa está operativo e a disposición da veciñanza
Por Redacción |
-
Marconsa executará as obras de mellora da Seara cun orzamento de 290.000 euros
Por Redacción |
-
Obras, limpeza e servizos son as áreas nas que Poio abrirá procesos de contratación temporal
Por Redacción |
-
O proxecto da mellora da Seara amplíase ata o enlace con Campelo e varios ramais
Por Redacción |
-
Poio adxudica de novo o contrato para construir un vial na Caeira
Por Redacción |