Leva catro cabalos por 70 euros
Por Redacción
O Concello de Pontevedra organiza este xoves unha poxa polos catro cabalos capturados no lugar de Armada, en Salcedo.
Tras non poder localizar o dono dos animais, ao non dispoñer de identificador, a concellaría responsable de Sanidade Animal celebrará unha poxa pública ás 12:00 horas no edificio Churruchaos.
Trátase de tres eguas e un poldro que, cando foron capturados, estaban a causar danos nos cultivos da zona.
O prezo de saída do lote completo será de 70 euros, que terán que ser depositados como fianza na Tesouraría Municipal.
Se a poxa queda deserta, os animais serán entregados á Xunta en virtude do artigo 28 do decreto 142/2012 sobre as normas de idenficación e ordenación zoosanitaria dos equinos en Galicia.