O Concello de Marín talla unha secuoia da Alameda que ameazaba con derrubarse

Por Redacción
O Concello de Marín levou a cabo este venres a talla do exemplar de secuoia sempervivens da Alameda. Despois de ser estudada por técnicos de diversas entidades púidose comprobar que a árbore presentaba un importante estado de deterioración, con parte do seu sistema radical morto, que comprometía a súa estabilidade poñendo en perigo aos viandantes e infraestruturas da súa ao redor.
De feito, os temporais dos últimos días incrementaban este risco e por iso, despois de que os técnicos avalasen a talla do exemplar como “a opción máis coherente coa situación fitosanitaria”, o goberno local encargou estes traballos, que se executaron na mañá deste venres 5 de febreiro.
A concelleira de Parques e Xardíns, Cristina Acuña, explica que foi unha decisión “sopesada e tomada segundo os criterios técnicos”. Durante procésoo de talla, ademais, evidenciouse que máis do 30% do interior do tronco non tiña zume, polo que a situación do exemplar estaba moi comprometida.