Solicitude dun cribado masivo en Vilaboa ante o incremento de contaxios
Por Redacción
César Poza, alcalde de Vilaboa, móstrase preocupado polo aumento exponencial de contaxios na terceira onda de covid-19 no municipio con máis de medio centenar de persoas que ofreceron resultado positivo en PCR e preto de 250 persoas en seguimento por manter contacto con infectados durante esta semana.
Por este motivo, o Concello de Vilaboa remitía este venres un escrito á Consellería de Sanidade para mostrar esa inquietude e solicitar a realización dun cribado masivo no municipio a través de probas PCR igual que leva a cabo noutras localidades da provincia onde proliferan os casos.
O rexedor considera que estas probas permitirían detectar casos asintomáticos e prever, no caso de que resultase necesario, actuacións máis eficaces en relación con confinamentos ante a posibilidade de que se detecten contaxios.
Para levar a cabo o cribado, o Concello de Vilaboa manifesta que colaborará con total disposición en canto a infraestrutura loxística coa Consellería de Sanidade para que se desenvolvan estas probas.
Relacionadas:
-
O cribado de Vilaboa só detectou un positivo por Covid-19
Por Redacción |
-
Comeza o cribado no Centro de Saúde do Toural
Por Anxo Lourido |
-
A Lama, seguinte parada dos cribados postos en marcha na área sanitaria
Por Redacción |
-
Sanidade comunica a morte de catro homes por covid en Montecelo, un deles de só 31 anos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Ponte Caldelas rebasa os 1.000 de incidencia acumulada, nivel de risco do que sae Moraña
Por Redacción |
-
Xaneiro, o mes con máis mortos pola covid-19 de toda a pandemia
Por Alejandro Espiño |