O BNG pide a Defensa que ceda o antigo hospital da Escola Naval de Marín para facer fronte á crise sanitaria
Por Redacción
Néstor Rego, deputado do BNG, presentará unha iniciativa no Congreso dos Deputados para solicitar o uso das instalacións do antigo Hospital da Escola Naval de Marín co obxectivo de que acollan a persoas afectadas pola pandemia.
Lucía Santos Omil, portavoz do BNG en Marín, indica que o edificio se atopa en boas condicións para ser reutilizado como espazo hospitalario. A representante nacionalista afirma que a actual situación sanitaria con 2.166 pacientes de covid activos obriga a buscar alternativas que poidan facer fronte á eventual situación de colapso nas unidades de coidados intensivos.
Néstor Rego entende que con esta incorporación poderíase manter a atención sanitaria a outros pacientes con diferentes patoloxías nas plantas dos centros hospitalarios públicos. Considera que este antigo hospital da Escola Naval é o espazo máis adecuado para que se converta en hospital de campaña e espera que o Ministerio de Defensa atenda esta solicitude e dedíqueo, de maneira preventiva, a uso sanitario de poboación civil.
Este edificio é utilizado actualmente como residencia vacacional, esa é a resposta que o Ministerio de Defensa ofreceu cando xa se solicitou en marzo de 2020. Os nacionalistas entenden que esta negativa para facer uso das instalacións #ante a situación pandémica é "inxustificable".
Na xunta de portavoces do Concello de Marín o 28 de xaneiro, Lucía Santos trasladaba esta proposta do mesmo xeito que a realización dun cribado masivo na vila de Marín, ademais de atención domiciliaria ás persoas en situación de corentena. Sinala que a alcaldesa María Ramallo comprometeuse a trasladar este propostas pero, polo momento, o BNG recoñece que carece de información oficial respecto a estas peticións.
Relacionadas:
-
O BNG critica a negativa de Defensa a ceder o antigo hospital da Escola Naval en caso de necesidade
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG condena que Defensa manteña o Hospital Naval como "hotel de luxo" e non o ceda ao Sergas
Por Redacción |
-
O Sergas non poderá derivar pacientes ao antigo Hospital Naval de Marín en caso de colapso, pero si ao CGTD
Por Natalia Puga |
-
O Hospital Naval de Marín, unha "alternativa" para 100 pacientes leves de coronavirus en caso de colapso
Por Natalia Puga |