Estudantes da UNED piden desesperadamente unha solución aos erros causados polo seu sistema de exames
O alumnado da Universidade Nacional de Educación a distancia (UNED), víuse involucrado recentemente en varios problemas á hora de realizar os seus exames debido á aplicación de avaliación en liña ‘Aula Virtual de Exame’ (AvEx), un novo proxecto de avaliación implantado hai apenas dous meses pola universidade. As queixas e desesperación dos estudantes veñen de que, segundo eles, a aplicación ten moitos problemas técnicos, que sumados a unha mala xestión por parte da universidade se viron reflectidos nos exames realizados recentemente e como consecuencia nos seus expedientes.
Os principais problemas que os alumnos atopan na plataforma son a insuficiencia de tempo á hora de realizar as probas, a imposibilidade de poder revisar o exame tras a súa realización, fallos de acceso á plataforma e, o máis grave, fallos na realización dos exames: as respostas parpadexan e saen desordenadas, non quedan gravadas unha vez marcada e saen desordenadas sen corresponder ao marcado e deixando un exame que non que se corresponde co realizado.
"Vémonos sós nesta situación, xa que enviamos moitas queixas sobre estas incidencias e sempre atopamos a mesma resposta: o noso exame é persoal e intransferible"
Os alumnos están cansos de pedir explicacións á UNED sen atopar axuda algunha: "Vémonos sós nesta situación, xa que enviamos moitas queixas sobre estas incidencias e sempre atopamos a mesma resposta: o noso exame é persoal e intransferible, por o tanto, só se avalía o contido que hai nel", explica Alba, unha das alumnas da UNED do campus de Pontevedra que está desgustada pola mala xestión que se está realizando por parte da universidade xa que, segundo a UNED, estes problemas se basean en fallos do sistema dos propios estudantes e caídas na rede, argumentacións que, segundo os alumnos, non son veraces e mesmo teñen probas disto: fotos do momento do exame que a UNED tacha de fotos manipuladas. "Necesitamos xa que se nos dea unha solución debido que esta plataforma está a presentar numerosos problemas, tanto á hora de realizar os exames, como á hora de corrixilos", declaracións recollidas por Radio Pontevedra de Adriana, outra das estudantes do campus de Pontevedra da UNED.
Debido a que non atopan solución algunha por parte da universidade a este problema crearon unha petición de sinaturas por unha Avaliación Xusta na UNED, esixindo unha solución e explicación válida por parte da universidade aos erros da plataforma ‘ AvEx’
Podes asinar a petición para apoiar aos estudantes da UNED aquí.
En AvEx respuestas contestadas quedan como sin contestar. Aún entregando pruebas que muestran lo sucedido no te dan soluciones. Ir a septiembre por una asignatura aprobada es injusto. Tu esfuerzo, tiempo y dinero no tienen valor. #unedinjusta
— Bibiana Marín Díez (@Bibianamarindi) February 2, 2021
6) No queremos que nos regalen el examen ni la nota pero sí que se reconozca por parte de @UNED que habéis cometido un error, que nos den soluciones porque nadie nos paga el dinero que gastamos en vuestros libros, matrícula, tasas etc... #unedinjusta
— Kaddy*.* (@kaddy_om) February 2, 2021