Sanxenxo renovará a frota de vehículos da Policía Local e reforzará a de Servizos
Por Oskar Viéitez
O Concello de Sanxenxo renovará a frota de vehículos da Policía Local e reforzará a de Servizos cun contrato de renting para o próximos catro anos que sairá a licitación por 246.840 euros.
A modalidade de alugueiro destes 7 vehículos supón unha vantaxe porque inclúe o mantemento integral, reparación e seguro a todo risco sen franquía durante o período do contrato.
A Policía Local conta cunha frota formada por cinco vehículos cunha media de antigüidade de 11 anos, que se substituirán agora, e un furgón de atestados adquirido o ano pasado.
O goberno continúa con esta renovación profundando na modernización e reorganización da Policía Local iniciada nos últimos anos. Ao persoal actual conformado por 23 axentes sumáronse este verán dous policías e un oficial en comisión de servizos.
Nos últimos meses adquiriuse dous escáners lector de matrículas que facilitan e axilizan as supervisións dos vehículos que entran e saen do municipio durante os operativos rutineiros. Un sistema que cobra, se cabe, unha maior importancia nos controis perimetrais que obriga a actual situación sanitaria.
Co mesmo obxectivo de modernización e reducir ata o 80% de papel, o Concello dotou ao corpo dunha nova ferramenta informática, Xespol, que permitirá mellorar e facilitar o traballo diario policial. Entre as distintas aplicacións deste software atópase a posibilidade da creación dunha base de datos con informes, partes diarios e atestados de tráfico, accidentes ou controis de drogas e alcol.
Ademais hai unhas semanas o Concello de Sanxenxo renovou o contrato Viogén coa Subdelegación do Goberno no que a Policía Local reforza o seu papel no control e vixilancia das vítimas de violencia de xénero.
Entre marzo e abril, Sanxenxo formará gratuitamente auxiliares de policía co obxectivo de que adquiran un maior coñecemento de municipio e profundar na profesionalización do servizo durante os meses de verán.
O departamento de Servizos tamén será reforzado cunha furgoneta e un vehículo.
Relacionadas:
-
Sanxenxo reforza a súa Policía Local para controlar o cumprimento das novas restricións
Por Redacción |
-
Sanxenxo ofrecerá un curso de formación para auxiliares de Policía Local
Por Redacción |
-
Sanxenxo renova o protocolo VioXén e a Garda Civil e a Policía Local colaborarán para protexer as vítimas de violencia de xénero
Por Redacción |