
© Xunta de Galicia
Piden a asistencia masiva dos 1.900 residentes en Moraña citados para un cribado

Por Redacción
Desde a Xunta de Galicia realízase un chamamento para que as persoas citadas en Moraña á realización dun cribado no centro de saúde de Moraña asistan a estas probas e permitan detectar aqueles casos de contaxios asintomáticos.
Así o manifestaba Luisa Piñeiro, delegada territorial da Xunta en Pontevedra, durante a súa visita este mércores ata o centro de saúde onde se están realizando as probas nun dos municipios cunha das incidencias máis elevadas da provincia de Pontevedra.
O xerente da área sanitaria José Ramón Gómez e o alcalde de Moraña José Cela tamén se achegaban ata a instalación sanitaria e destacaban o esforzo que se está realizando para conter a pandemia a través destes cribados.
O municipio conta este mércores con 49 casos positivos e unha incidencia de 1.172 casos por cada 100.000 habitantes, sinalaba a delegada territorial da Xunta e anterior alcaldesa de Moraña reiterando a importancia da participación para cortar de raiz os actuais niveis de contagios que se detectan na zona.
A poboación diana está composta por 1.900 residentes, con idades comprendidas entre os 40 e os 79 anos. Esta selección realízase atendendo a criterios sanitarios e de relacións sociais e familiares do municipio. Piñeiro afirma que é necesario obter datos rápidos para proceder a realizar actuacións inmediatas. A convocatoria realízase a través de mensaxes sms.
Os controis prolongaranse durante tres días en sesións de tarde, a partir das 15.30 horas, a través de tres equipos de enfermería en cada quenda. Os resultados ofreceranse, como é habitual, por medio de mensaxe en caso negativo e por vía telefónica no caso de que se trate dun positivo.
Luisa Piñeiro insistiu á cidadanía en que o mellor é permanecer en casa, evitar as relacións sociais e saír unicamente para acudir ao traballo e ás tarefas imprescindibles.
Inicio do cribado de casos asintomáticos en Moraña
Durante tres días van realizarse probas nas instalacións do centro de saúde de Moraña para intentar evitar máis contaxios no municipio
© Consellería de Sanidade
Primeiro día do cribado masivo en Moraña
Durante tres días van realizarse probas PCR no centro de saúde coa intención de detectar persoas contaxiadas asintomáticas
© Consellería de Sanidade
Relacionadas:
-
A Lama, seguinte parada dos cribados postos en marcha na área sanitaria
Por Redacción |
-
A evolución da pandemia permite á Xunta "ser lixeiramente optimistas, pero non triunfalistas"
Por Oskar Viéitez |
-
Farán un cribado con test rápidos de antíxenos en Moraña para detectar asintómaticos
Por Redacción |