Unha praga de anémonas ameaza os mexillóns da ría de Arousa
Por Redacción
O sector mexiloeiro galego fixo saltar todas as alarmas ante a presenza dunha praga de anémonas que está a reducir a produción dos polígonos bateeiros exteriores da ría de Arousa.
A anémona común, tamén chamada ortiguilla, é un pequeno animal primario mariño, con células urticarias que emprega para cazar cos tentáculos que posúe na parte superior. ÿ de forma cilíndrica, ten uns 6 cm de alto e 3 de ancho. Vive fixada pola base a rochas submarinas e, curiosamente, é todo un manxar.
Este efecto urticante provoca que o mexillón se solte das cordas.
Os expertos coinciden en sinalar ás altas temperaturas alcanzadas polas augas da ría este verán como unha das causas desta inusual proliferación destas anémonas.
O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño, dependente da Consellería do Mar, investiga esta praga para poder ofrecer unha solución ao sector.