Cortan o tráfico en parte de Seixo para executar a humanización da Rúa Camiño Vello
Por Redacción
A partir deste luns haberá cortes de tráfico en Seixo. É o día previsto para o inicio das obras de humanización do Camiño Vello, que o goberno municipal considera esencial para a mellora urbanística desta parroquia. Nela investiranse case 375.000 euros.
A primeira fase do proxecto suporá cortes de tráfico entre a igrexa evanxélica e o cruce de María González Rubido, segundo informa o Concello de Marín. Así a todo, aqueles que saian do centro de saúde poderán realizar o xiro sen problemas cara o mercado.
A empresa COVSA, que executará os traballos, xa delimitou a zona das obras, que afectará ao tramo entre a rúa Doutor Otero Ulloa e o cruce coa estrada do Grupo Escolar de Seixo.
Con esta actuación, o Camiño Vello aumentará as beirarrúas ata uns 2.50 metros (dependendo nalgúns puntos das fachadas dos edificios anexos). No que respecta á calzada, quedará un carril de 3.50 metros de amplitude, de único sentido desde a Rúa Doutor Ulloa ata o mercado.
Para o estacionamento, deixarase á beira de toda a marxe dereita do viario un espazo de máis de 2 metro e eliminarase a illa existente no inicio do tramo, fronte á igrexa evanxélica, para poder ampliar nese punto tamén as beirarrúas, incorporando un paso de peóns.
Relacionadas:
-
As obras de humanización do Camiño Vello de Seixo rematarán en quince días
Por Redacción |
-
Avanzan a bo ritmo as obras de humanización do Camiño Vello de Seixo
Por Redacción |
-
O Concello de Marín adxudica case 375.000 euros para o proxecto de humanización da Rúa Camiño Vello de Seixo
Por Redacción |
-
Marín recibe medio millón de euros da Deputación para humanizar o Camiño Vello de Seixo
Por Redacción |
-
O Concello de Marín anuncia a próxima humanización da Rúa Camiño Vello de Seixo
Por Redacción |