Vaipolorío pide ao Concello recuperar os xardíns da Delegación de Sanidade e mellorar os terreos lindeiros
Por Redacción
A asociación Vaipolorío quere recordar ao goberno local a proposta feita hai casi oito anos na que pedían que se lle dera uso público aos xardíns que rodean o edificio da Delegación de Sanidade en Pontevedra, na Avenida de Vigo, mediante unha ponte de madeira.
Aproveitando a recente sinatura do convenio entre o Concello de Pontevedra e a UNED, e que permitirá utilizar publicamente como parque urbano os xardíns do centro docente situado na urbanización de Monte Porreiro, Vaipolorío retoma esta proposta "da que non recibimos resposta nin en contra nin a favor".
Dentro da solicitude, a asociación incide en mellorar os terreos lindeiros a este inmoble que conforman a ribeira do río Gafos chegando ata a parte pública posterior do Centro Avelino Montero.
Na proposta inclúen que se realice unha poda e saneamento das árbores e arbustos de ribeira que supoñan un risco para a seguridade de veciños, camiñantes ou automobilistas; e, por último, a limpeza das fincas colindantes do río.
Dende o colectivo ecoloxista reclaman una contestación por parte do Concello e que se realice "un convenio similiar" ao firmado coa UNED e que "daría a posibilidade de disfrute da cidadanía coas limitacións propias de tal acordo".
Relacionadas:
-
Vaipolorío repoboará con especies autóctonas a ribeira do río Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
Adiantarase este ano o final do inverno ante a aparición da flor Primavera?
Por Isabel Feijóo Gallardo |
-
Un sumidoiro no Marco leva unha década vertendo fecais ao río Gafos cada vez que chove
Por Oskar Viéitez |
-
Os xardíns da Uned estarán en mans do Concello a partir da vindeira semana
Por Redacción |
-
A UNED aprobará o martes a cesión dos seus xardíns ao Concello de Pontevedra
Por Redacción |
-
Vaipolorío denuncia que unha nova vertedura de terra no Gafos tinguiu a súa desembocadura na ría
Por Redacción |