O Pazo da Cultura acolle este xoves o foro Tempo de Mulleres
Por Redacción
O "roadshow" de Tempo de Mulleres celebrarase este xoves 19 no Pazo da Cultura coa posta en marcha da terceira edición do Foro Nacional sobre Liderado Feminino e Empresa, máis dunha decena de participantes ofrecerán as claves da motivación feminina, o liderado, o talento na dirección e outros puntos de interese. Ao longo deste foro haberá a posibilidade de intercambiar ideas e contactos.
Tras dúas edicións celebradas en Zaragoza e Barcelona, Pontevedra a través da Concellería de Promoción Económica, Emprego e Turismo trae este evento a Pontevedra cun programa no que participarán políticas como a ex deputada socialista Mar Barcón, a presidenta de Executivas de Galicia Carla Reis, a presidente do grupo O Progreso, Blanca García Montenegro ou o experto en management, Enrique de Moura.
A proposta busca potenciar as habilidades do liderado das mulleres en España promovendo a comunicación de diferentes experiencias e é que segundo o Banco Mundial da Muller, as empresas creadas por mulleres en España se manteñen un 30% máis que as promovidas por homes.