Bueu completa a pavimentación dun camiño na Recta do Peón, en Beluso
Por Redacción
Preto de 9.000 euros, con cargo a fondos municipais, investiu o Concello de Bueu nas obras de pavimentación que se levaron a cabo no vial que vai da Recta do Peón á Rúa Nova de Abaixo, en Beluso.
Os traballos, que foron acometidos pola empresa Nemesio Ordóñez SA, consistiron na limpeza e roza dunha zona de 100 metros lineais, e o subministro, estendido e compactado dunha mestura bituminosa en quente.
O asfaltado deste camiño, segundo destaca o goberno municipal, enmárcase no plan de mellora das infraestruturas e espazos municipais.
Na parroquia de Beluso puxéronse en valor nos últimos meses varias fontes e lavadoiros, como as da Fontenova e Lago Mansiño, en Montemogos, ou a de Requeixo, no lugar de Vilar.