Aumenta a presión na UCI de Montecelo con 25 pacientes críticos
Por Oskar Viéitez
Este venres 29 de xaneiro a área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés comunica que xa son 25 os pacientes críticos con Covid na Unidade Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Montecelo. Aumentaron en oito persoas nas últimas 24 horas. Neste período detectáronse 170 contaxios máis.
Noutras unidades son 119 os pacientes enfermos de covid que están ingresados en planta de hospitalización. Concretamente hai 94 persoas no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 13 no QuirónSalud Miguel Domínguez e 12 no Hospital do Salnés.
Na área de Pontevedra e O Salnés hai este venres 2.246 casos activos, 92 máis que onte.
Un total de 2.102 persoas con síntomás máis leves de coronavirus están a evolucionar nos seus domicilios.
Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 7.569 pacientes (78 máis que no día de onte) e faleceron por este virus na área sanitaria 105 pacientes.
En canto a realización de PCR’ s, nas últimas 24 horas fixéronse 1.227 sendo positivas 170 é dicir o 13,85%, que se engaden ás 138.517 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.
GALICIA
Segundo os últimos datos difundidos, este venres os casos activos de Covid-19 en Galicia chegan ata os 22.124, son 511 máis que a xornada anterior.
Por áreas sanitarias, 5.912 corresponden á da Coruña e Cee; 3.799 á de Vigo; 3.373 á de Santiago e Barbanza; 2.989 á de Ourense; 2.246 á de Pontevedra e O Salnés; 2.009 á de Lugo e 1.796 á de Ferrol.
Os contaxios diarios repuntan na Comunidade galega con 1.643. A cifra de contaxiados aumenta en Galicia a 94.289 persoas.
Os falecidos con Covid en Galicia increméntanse a 1.718 tras informar o Sergas de 30 novos falecementos que se rexistraron desde o pasado 18 de xaneiro, todos eles con patoloxías previas.
As PCR realizadas en toda a Comunidade galega ascenden a 1.384.089 desde o inicio da pandemia, o que supón 13.653 máis que a xornada anterior.
Ata a data en Galicia curáronse 70.459 pacientes con Covid-19, o que implica 1.103 persoas máis que as rexistradas ata este xoves na Comunidade galega.
Relacionadas:
-
A UCI, ao límite: 29 pacientes críticos entre os 2.365 casos activos por covid-19
Por Alejandro Espiño |
-
Catro mortos máis por covid-19, tres en Montecelo e outro na súa casa de Ponte Caldelas
Por Alejandro Espiño |
-
Os casos activos estabilízanse en Poio mentres continúan crecendo en Pontevedra e Sanxenxo
Por Alejandro Espiño |