Pontevedra insiste na "man tendida" para un acordo nas axudas á hostalería e o turismo
Por Oskar Viéitez
A portavoz do goberno municipal de Pontevedra, Anabel Gulías, valorou este xoves "con satisfacción e certa esperanza" o desenvolvemento das xuntanzas que se están levando a cabo entre varias administracións e o sector do turismo e hostalería para chegar a acordo sobre o plan de axudas ao sector.
"O sistema de xestión destas axudas non pode ser un impedimento para lograr este acordo", asegurou Anabel Gulías, quen insistiu en "reiterar a man tendida deste Concello para lograr un acordo que é vital para o sector neste momento, que non podemos demorar máis, e temos que poñer axudas inmediatas enriba da mesa".
A portavoz tamén indicou que "nos produce certa esperanza saber que se está chegando a un grao de consenso lóxico e que se está prestando atención á proposta que fixemos desde este goberno local".
Neste sentido, lembrou que as claves da proposta de Pontevedra se basean "na necesidade de poñernos todos de acordo e ter a suficiente altura de miras para dotar ao sector turístico e hostaleiro de axudas que só teñan dúas condicións, inmediatez e sinxeleza, pero tamén a mesma porcentaxe nos orzamentos de todas as administracións".
Á espera de pechar os últimos flecos na xuntanza prevista para o venres, reiterou que o Concello de Pontevedra "porá a disposición todos os recursos que sexan necesarios e que se entendan no marco desa xuntanza".
Relacionadas:
-
A Deputación comprométese a destinar o 1% do orzamento a axudar á hostalería e o turismo
Por Redacción |
-
Caldas destinará 60.000 euros, o 1% do seu orzamento, a axudar aos hostaleiros
Por Redacción |
-
A navalla de Ockham e a polémica sobre o plan de rescate da hostalería
Por Oskar Viéitez |
-
Unión da hostalería galega para alzar a voz por un rescate
Por Manu Otero |
-
As deputacións achegarán o 1% das súas contas para rescatar a hostalería
Por Redacción |
-
Sen acordo na xuntanza a tres bandas para consensuar unha liña conxunta de axudas
Por Redacción |
-
Pontevedra propón un plan de rescate "a tres bandas" ante unha economía "agonizante"
Por Alejandro Espiño |