Apagan rapidamente un lume iniciado nun televisor dunha vivenda de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
Ás 18.30 horas da tarde deste mércores, un veciño de Cerdedo-Cotobade alertaba dun incendio e solicitaba a intervención dos equipos de emerxencias para facer fronte ás lapas que se iniciaron nun televisor. A causa, segundo as primeiras investigacións, atoparíase nun curtocircuíto, segundo informan desde o 112-Galicia.
O lume producíase nunha casa situada en Torre Vella. Os ocupantes da vivenda, como medida preventiva para evitar que se extendierna as chamas, lograban sacar o aparello de televisión fóra do domicilio. Grazas a esta operación foi máis rápido e máis sinxelo sufocar o lume sen que causase máis danos que os sufridos polo moble que soportaba a pantalla.
Os afectados polo incendio indicaron que se atopaban en bo estado de saúde cando chegaron os equipos de emerxencia pero finalmente, unha muller foi asistida ao inhalar algo de fume. Desde o 112 Galicia avisábase aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Tamén foron alertados os Bombeiros de Ribadumia, os integrantes do Grupo de Emerxencias da Estrada e os voluntarios de Protección Civil da zona.