Caldas vai a restaurar o conxunto histórico da Praza Martín de Herrera
Por Redacción
O Concello de Caldas fará público o proxecto orixinal de urbanización da praza Martín de Herrera, coñecida popularmente como Plazuela. O documento, redactado no 1896 polo arquitecto Jenaro de la Fuente e executado ese mesmo ano, foi achado recentemente no Arquivo Histórico Municipal polo departamento de Cultura.
Aproveitando esta iniciativa, desde o Concello anuncian que teñen prevista a restauración integral deste conxunto histórico e de todo a súa contorna para poñelo en valor. Os técnicos realizan xa o levantamento topográfico da zona e en proximamente encargarán a redacción do proxecto que comprenderá a restitución do valado perimetral en forxa, das escaleiras, da iluminación e das estruturas.
A plazuela é un espazo histórico moi significativo na historia do municipio. Nela erixíase a igrexa de Santo Tomás Becket, demolida para levantar o templo actual. Ademais está moi preto da fonte da burga.
De forma paralela, o Concello traballa na identificación doutras obras deste arquitecto en Caldas. O Balneario Acuña, a casa de Laurenano Salgado e a residencia privada Villa Augusta son deseños de De la Fuente. Para dar a coñecer a súa obra, o goberno local traballa na posta en marcha dun roteiro do patrimonio histórico e arquitectónico da vila termal.
O alcalde, Juan Manuel Rey, mostrouse orgulloso "por redescubrir unha nova obra de Jenaro de la Fuente na nosa vila" e fixo fincapé no compromiso municipal por "restaurar e protexer este patrimonio e poñer en valor este espazo urbano tan significativo, así como todo o centro histórico da vila a través da ARI e outros instrumentos urbanísticos".
Relacionadas:
-
A restauración da plazuela de Caldas porá en valor o proxecto de Jenaro de la Fuente de 1896
Por Redacción |
-
En marcha a restauración da fonte dos Catro Canos en Tivo
Por Redacción |
-
O Concello de Caldas procede ao levantamento topográfico da zona do Campo da Torre
Por Redacción |
-
Caldas lembrará o 850 aniversario do asasinato do arcebispo de Canterbury e mellorará a súa igrexa, Santo Tomás
Por Redacción |