A saturación de Montecelo obriga a trasladar pacientes con covid-19 ao Hospital do Salnés
Por Natalia Puga
A presión asistencial derivada da pandemia da covid-19 non para de crecer na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés e nos últimos días está a notarse de forma especial no Hospital Montecelo, centro de referencia na área para pacientes coa enfermidade. Este luns, adoptáronse as primeiras medidas para tentar rebaixar esa saturación e optouse por trasladar a varios pacientes ao Hospital do Salnés.
O luns foron trasladados polo menos catro pacientes, aínda que algunhas fontes consultadas sinalan que puideron chegar a ser seis. Ademais, non se descarta que se faga necesario realizar máis traslados, sempre co obxectivo de rebaixar a presión hospitalaria en Montecelo.
Fontes consultadas por PontevedraViva explicaron que son pacientes que están ingresados en planta e que, polo menos varios deles, foron trasladados ao Hospital do Salnés directamente desde o servizo de Urxencias de Montecelo porque á hora do ingreso os xestores sanitarios atopáronse con que habia unha alta ocupación mentres que no centro do Salnés había capacidade para asumilos.
Segundo o balance oficial do Servizo Galego de Saúde, este martes hai 128 pacientes hospitalizados con covid-19 na área sanitaria, dos que 15 están na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo e 113 ingresados en planta de hospitalización. Hai 94 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 11 no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 8 no Hospital do Salnés- así como 15 pacientes na UCI de Montecelo.
No Hospital Montecelo hai nestes momentos tres zonas dedicadas a pacientes con covid-19, a habitual de Pneumoloxía e dúas de Traumatoloxía, e estase habilitando unha cuarta planta ante a escalada de novos pacientes que requiren hospitalización.
No caso do Hospital do Salnés, os pacientes coa enfermidade están na planta terceira.
Relacionadas:
-
A UCI de Montecelo recibe dous pacientes críticos derivados de Ferrol ante o colapso do seu hospital
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Quedan suspendidas todas as cirurxías non urxentes: só se farán as oncolóxicas e prioridade 1
Por Natalia Puga |
-
A 'resaca' do Nadal deixa o dobre de hospitalizados por covid-19 en dez días e desborda unha UCI xa ampliada
Por Natalia Puga & Alejandro Espiño |
-
A área sanitaria, desbordada: 2.022 casos activos de covid-19 e 134 hospitalizados tras 165 novos contaxios
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra, Poio, Marín e Sanxenxo acumulan dous de cada tres novos contaxios na área
Por Alejandro Espiño |
-
Un gromo de covid-19 en Medicina Interna de Montecelo afecta once sanitarios e seis pacientes
Por Alejandro Espiño & Natalia Puga |
-
Continúa a escalada: 216 novos contaxios por covid-19 na área sanitaria nas últimas horas
Por Redacción |