Un mozo de 19 anos e unha menor, trasladados ao Hospital do Salnés tras unha colisión en Cambados
Por Redacción
Na noite deste luns rexistrábase un accidente de tráfico entre dous turismos no estrada PO-549 ao seu paso por Corbillón, no municipio de Cambados, segundo a información facilitada polo Servizo de Emerxencias deste Concello.
Por causas que aínda se están esclarecendo, un BMW e un Meganne impactaban co resultado de que as dúas persoas ocupantes do BMW resultaban feridas e foron trasladados ao Hospital do Salnés por unha ambulancia do 061. Trátase dun mozo de 19 anos que se queixaba de dor cervical tras o impacto e unha menor, de 15 anos de idade, que sufría dor cervical e nun nocello. O condutor do Meganne queixábase do ombreiro pero rexeitou a asistencia sanitaria.
No lugar, a Garda Civil de Tráfico instruíu dilixencias e tamén colaboraban os axentes da patrulla da Policía Local de Cambados. O Meganne terminaba golpeando un farol da vía.