Os traballos de roza e limpeza chegarán a próxima semana á VG-4.3, entre Cambados e Vilagarcía
Por Redacción
Durante a vindeira semana, a Xunta ten previsto continuar cos traballos de roza e limpeza nas estradas de titularidade autonómica para previr lumes e reforzar a seguridade viaria nas catro provincias galegas.
Levado a cabo pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, na provincia de Pontevedra continuarán cos labores de roza e limpeza na VG.-4.3, entre Cambados e Vilagarcía y na CG-4.2, entre Tomiño e A Guarda.
As tarefas as centrarán na retirada de especies pirófilas, aquelas que son máis propensas á propagación do lume, coa fin de previr incendios forestais. Tamén realizarán traballos de rozas para completar o traballo de conservación das estradas e así reducir o uso de herbicidas e, por último, acondicionarán as zonas verdes e sendas peonís para que estean en condicións axeitadas.
Estas intervencións, segundo informan dende a Xunta de Galicia, teñen como obxectivos potenciar o efecto cortalumes das estradas; aumentar a seguridade viaria, cunha maior visibilidade; e fomentar unha mobilidade máis segura e sustentable mediante as sendas e zonas verdes para o tránsito peonil.
Relacionadas:
-
A Xunta mellorará a seguridade viaria no barrio vilagarcián de Sobrán coa instalación dun paso de peóns
Por Redacción |
-
A Xunta rozará as marxes de estradas autonómicas da comarca a vindeira semana
Por Redacción |
-
A Xunta inicia o primeiro pastizal do ano en Galicia nos montes de Valongo
Por Redacción |