Os socialistas reclaman melloras no centro de saúde de Carballedo e a reforma de dúas estradas
Por Redacción
Os equipamentos sanitarios e as infraestruturas centran as emendas que, para Cerdedo-Cotobade, presentou o PSdeG-PSOE aos orzamentos da Xunta. Así o concretou a deputada Paloma Castro, que mantivo unha xuntanza telemática cos edís socialistas.
Ambas partes acordaron reclamar reformas no centro de saúde de Carballedo ou o acondicionamento das estradas PO-230 e PO-234.
A necesidade urxente da limpeza dos ríos da localidade e a redacción dun plan arqueolóxico para protexer o patrimonio do municipio son outras das demandas.
O grupo socialista reclamou tamén a incorporación da hostalería, pequeno comercio e autónomos de Cerdedo-Cotobade na liña de axudas que debe habilitar o goberno galego para facer fronte ás perdas ocasionadas pola crise da covid-19.
Castro reivindica ademais o apoio ás escolas públicas da localidade para afrontar os gastos extraordinarios xerados pola pandemia, a incorporación do municipio a un plan de fixación de poboación ao rural galego e un plan de choque para mellorar a conexión a internet.
Relacionadas:
-
Os socialistas reclaman unha actuación integral para mellorar a atención sanitaria en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
O novo centro de saúde de Carballedo encabeza as emendas do BNG aos orzamentos da Xunta
Por Redacción |
-
O PSdeG emendará o "desfile das promesas incumpridas" dos Orzamentos da Xunta na comarca
Por Oskar Viéitez |