Un pontevedrés acusado de violar a tres sobriños menores durante anos declárase inocente e rexeita dar a súa versión
Por Natalia Puga
Durante unha década, entre 1996 e 2006, un pontevedrés supostamene abusou de dúas sobriñas e un sobriño menores de idade, a elas chegou a agredilas sexualmente en múltiples ocasións ao longo dos anos e a el obrigoulle a facerlle unha felación unha noite. Así o sostén a Fiscalía da Audiencia Provincial de Pontevedra e tamén a familia das vítimas e, por tanto, do propio acusado, e por estes feitos este xoves chegou a xuízo. El, con todo, mantivo a súa inocencia.
O xuízo celebrouse practicamente na súa totalidade a porta pechada co obxectivo de preservar a identidade das tres vítimas. Os medios de comunicación tan só estiveron autorizados a acceder á declaración do acusado, que se prolongou durante apenas uns segundos, pois el limitouse a sinalar que "non" se declara culpable dos feitos que lle atribúen e acolleuse ao seu dereito a non declarar e, desta maneira, dar a súa versión dos feitos que relatan as vítimas.
O home, cuxa identidade non se facilita para que, a través del, non se identifique ás súas vítimas, participaba como voluntario en actividades relacionadas con menores, aínda que na actualidade está en prisión.
Ao comezo do xuízo, a avogada defensora do acusado quixo incluír unha nova proba, un informe que probaría a discapacidade psicolóxica do home. Con todo, o tribunal da sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, a pedimento da Fiscalía e da acusación particular, negouse a admitira. Alegan que os forenses que realizaron unha valoración dle procesado xa tiveron en conta esta circunstancia á hora de elaborar os seus informes.
O sospeitoso, segundo consta no escrito de cualificación, participaba
A Fiscalía pide que o home sexa condenado a 53 anos de cárcere como autor de tres delitos de agresión sexual, dous deles labores de forma continuada. Ademais, pide que quede inhabilitado para o exercicio de calquera oficio relacionado con menores de idade durante 16 anos e que se lle prohiba acudir ao lugar onde residan os tres menores e os seus familiares durante os cinco anos seguintes á súa saída de prisión.
A Fiscalía sostén que á maior das súas sobriñas violouna de forma reiterada entre 1996 e 2001, entre os 6 e os 11 anos. A menor acudía á casa na que vivía cos seus pais e irmán (avós e tío da menor) practicamente a diario, salvo as fins de semana, e el levábaa á súa habitación agarrándoa fortemente polos brazos, de maneira que en ocasións deixáballe negróns.
Alí, valéndose da súa forza superior e a súa condición familiar, tombábaa na cama, quitáballe a roupa, bicábaa en diversas partes, facíalle tocamentos por todo o corpo e violábaa, todo mentres lle poñía películas pornográficas e se masturbaba.
Como consecuencia dos feitos relatados, a menor sofre un trastorno de estrés postraumática agudo, de inicio tardío, asociado a revelación de abusos. A moza tiña xa sintomatoloxía agorafóbica previa, que, segundo a Fiscalía, está "moi probablemente" relacionada con ser vítima de abusos na súa infancia.
Á segunda vítima violouna en 2005 na mesma casa. Servíndose tamén da súa superior forza física e da súa condición familiar, metíaa na súa habitación e unha vez alí, para que non ofrecese oposición, tapáballe a boca e o nariz sen deixala respirar ata que accedía a facer ou deixarse facer o que el quería.
Segundo a Fiscalía, realizáballe tocamentos debaixo da roupa, bicábaa en diversas partes do corpo e violábaa, tambén mentres lle poñía películas pornográficas. Isto sucedía practicamente todos os días ata que a menor deixou de acudir diariamente á casa da súa avoa. Os feitos continuaron a partir de aí durante as fins de semana ata que a menor cumpriu os nove anos e foi capaz de evitalo. A partir de entón, trataba de colocarse ao seu lado nas comidas familiares para así tocarlle por baixo da mesa.
Esta vítima padece trastorno de estrés postraumático en remisión, cun nivel importante de ansiedade (con síntomas tales como recordo intrusivos, ataques de angustia e de revivir sensacións asociadas ás situacións de abuso, pesadelos, alteracións do patrón do soño, evitación, illamento, dificultades para as relacións persoais) congruente coas vivencias denunciadas. Tivo mesmo un intento de suicidio polo que está a tratamento psiquiátrico e farmacolóxico.
O terceiro sobriño foi vítima do acusado, segundo a Fiscalía, unha noite do ano 2006, cando tiña sete anos e estaba a durmir nunha das habitacións da casa familiar. O menor viuno espido da cintura para abaixo, co pene en erección e, aproveitándose da súa condición de familiar e da súa maior forza, agarroulle fortemente a cabeza dirixíndoa ao pene, que introduciu na súa boca. O neno gritou e o acusado saíu correndo.