O PP pide á Deputación e aos concellos que se sumen a un fondo de axudas á hostalería ao que a Xunta aportaría o 50%
Por Oskar Viéitez
O Partido Popular reclama que a Deputación de Pontevedra e aos concellos que se sumen á Xunta de Galicia para axudar ao sector da hostalería, e apoien crear un fondo de cooperación covid-19, no que a institución provincial aportaría o 30%, os concellos o 20% e a Xunta de Galicia, o 50%.
O voceiro do grupo popular na Deputación, Jorge Cubela, defende que "esta proposta dos hostaleiros é razoable e importante para salvar do peche ás empresas e autónomos da nosa provincia, e por iso queremos que a Deputación aclare si acepta ou non o que lle están reclamando e si vai colaborar con axudas directas". Nesta liña, recorda que o que necesitan é liquidez inmediata, "por iso hai que sumar esforzos entre todas as administracións".
Os populares, que defenderán esta moción no pleno provincial deste mes, tamén presentarán a proposta nos concellos da provincia.
Cubela pide ao Goberno provincial "que deixen de perder o tempo en discusións e intereses partidistas".
O voceiro do PP destacou que "moitos concellos estamos bonificando, reducindo ou conxelando impostos e taxas e aprobando axudas, pero parece que a Deputación de Pontevedra e algúns concellos non acaban de entender a necesidade de sumar esforzos".
Por último, o portavoz popular volve a insistir ao Goberno provincial "que deixe de poñer os medios institucionais ao servizo do PSOE e do BNG". Cubela afirma que "é intolerable o uso da web e redes sociais institucionais para facer publicidade partidista. A Deputación de Pontevedra non pode estar ao servizo das súas siglas, debe servir aos pontevedreses".
Relacionadas:
-
Así se distribúen as axudas para a hostalería do primeiro Plan de Rescate da Xunta
Por Oskar Viéitez |
-
O Goberno provincial insta á creación dun "auténtico Plan de Rescate" da man da Xunta e os concellos
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra propón un plan de rescate "a tres bandas" ante unha economía "agonizante"
Por Alejandro Espiño |
-
Fronte común das deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra para esixir a Feijóo maior apoio á hostalería e comercio
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva critica o "trilerismo político" da Xunta co plan de axudas á hostalería
Por Oskar Viéitez |