Lores di en Múnic: "Democracia, esa é a palabra clave do que perseguíamos coa peonalización da cidade"
Por Redacción
"Democracia, esa é a palabra clave do que perseguíamos coa peonalización da cidade; que Pontevedra fose máis de toda a cidadanía", con esta declaración de intencións, o alcalde de Pontevedra respondía á pregunta do moderador na conferencia internacional Walk21 que se desenvolveu en Múnic (Alemaña).
Fernández Lores centrou a súa intervención, segundo indicaron dende o gabinete de comunicación do Concello, na importancia que ten que os políticos estean convencidos á hora de adoptar estas medidas. "A cidade tiña que ser de todos os cidadáns, especialmente dos que teñen máis dificultades para incorporarse á vida social. Neso consiste a política: en realizar transformacións beneficiosas para o conxunto da cidadanía" indicou o alcalde pontevedrés.
Lores quixo referirse tamén aos opositores a estas medidas: "As resistencias, normalmente, non son das persoas, senón dos políticos da oposición, que aproveitan todo o que poden para frenar os cambios profundos na sociedade" e aproveitou para referirse ao recurso xudicial presentado polo PP en Pontevedra.
Os outros tres alcaldes que participaron na charla tamén explicaron as súas experiencias. O caso de Múnic teñen bastantes paralelismos co de Pontevedra ao promover a concentración comercial no centro urbano e non estimular a creación de centros comerciais na periferia, segundo sinalan dende o gabinete de comunicación. En Sydney, o proceso de peatonalización iniciouse hai 4 anos e levou consigo un debate social. Na cidade balcánica de Skodra, o seu representante indicou que se esforzan por non perder a tradición peonil xa que alí os "políticos de nivel máis alto, identifican o progreso co coche". Non obstante indicou "a aposta peonil estase a notar no atractivo turístico e agora moitas cidades albanesas están copiándonos.
Ao remate da sesión, Lores foi felicitado polo modelo integral proposto en Pontevedra no que se empregan as esixencias da cultura camiñante: seguridade, accesibilidade, espazo de calidade, mobilidade infantil, actividade e harmonía ecolóxica.
Os catro representantes urbanos que participaron no acto asinaron a carta pola mobilidade peonil. A continuación, o enxeñeiro municipal, Jesús Gómez Viñas, interveu para explicar os conceptos do modelo urbano.
A próxima cidade que organizará este encontro será Sydney en 2014.
Relacionadas:
-
Sidney coñecerá o modelo urbano de Pontevedra da man de Fernández Lores
Por Redacción |
-
Pontevedra acollerá en 2014 o II Congreso "Ciudades que caminan"
Por Redacción |
-
Fernández Lores: "Moitas das cousas que Europa reivindica, nos xa as temos feitas"
Por Oskar Viéitez |
-
Hep Monatzeder, alcalde de Munic "Pontevedra é una inspiración"
Por Redacción |
-
Múnic coñecerá a "relaxing tapa de calamares in the Leña Square" a través do alcalde Lores
Por Redacción |