Suspendidas pola pandemia as actividades do programa de lecer infantil O Ganapán no Mercado de Abastos
Por Redacción
Yoya Blanco, concelleira de Promoción Económica, adoptou a decisión de suspender ata novo aviso as actividades englobadas no programa de lecer infantil O Ganapán, que se realizan nas instalacións do Mercado de Abastos durante as fins de semana.
A causa desta suspensión atópase no agravamento da situación sanitaria no Concello de Pontevedra, que pasou a situarse en nivel máximo de alerta por culpa da expansión da pandemia da covid-19.
A concelleira considera que nestes talleres de actividades para escolares realizábanse con grupos moi reducidos, de cinco menores, e coas máximas medidas de seguridade e hixiene pero ante a situación xeral tan complicada que se está producindo, desde esta concellería consideran que non se debe permitir "o menor risco".
Yoya Blanco anuncia que xa non se van celebrar esta fin de semana e garante que volverán convocarse estas propostas en canto póidase, sempre atendendo á evolución da pandemia.
Relacionadas:
-
Regresan esta fin de semana os obradoiros do Ganapán no mercado de abastos
Por Redacción |
-
O mercado de Pontevedra oferta as 55 bancadas e nove casetas que están vacantes
Por Oskar Viéitez |
-
O Ganapán volve esta fin de semana ao Mercado de Abastos para aprender a facer cocadas e paninis de queixo e mazá
Por Redacción |
-
Os máis pequenos reflexionan sobre como cambiar o mundo, no obradoiro do Ganapán no Mercado de Abastos
Por Redacción |