Correos 'alíase' coas librarías de Pontevedra para facer fronte a Amazon
Por Redacción
As librarías de Pontevedra atoparon un novo aliado para facer fronte á hexemonía de Amazon na venda de libros por internet. Trátase de Correos, que activou un novo servizo para que os títulos destes establecementos se poidan enviar a domicilio.
Estes negocios, segundo informa Correos, terán descontos especiais para poder enviar libros polo seu servizo de paquetería a calquera lugar da península ibérica.
Ademais, os libreiros terán a posibilidade de recibir o apoio de Correos para crear a súa propia páxina web desde a que vender a través de internet, con todas as ferramentas que poidan necesitar, desde o deseño ata a plataforma de pago.
A través desta iniciativa, apuntan desde o organismo estatal, as librerías de proximidade poderán mellorar a súa competitividade e poderán ofrecer o seu catálogo a todas as persoas que prefiran ou necesiten recibir os libros nas súas casas.
As librarías de Pontevedra que queiran recibir máis información sobre esta iniciativa poden facelo o teléfono 981 56 88 31.