Dous feridos tras unha colisión na N-640 ao seu paso por Cuntis
Por Redacción
Dúas persoas resultaron feridas na tarde deste luns como consecuencia dun accidente de tráfico entre un turismo e unha furgoneta no punto quilométrico 212 da N-640. O sinistro produciuse cando o turismo, que realizaba unha manobra de adiantamento, golpeou nun lateral ao outro vehículo, que completaba un xiro para incorporarse a unha vía secundaria.
O peor parado foi o condutor da furgoneta, que tivo que ser trasladado en ambulancia ao Hospital Miguel Domínguez cun aparatoso corte na cabeza; mentres que o pasaxeiro que ocupaba o asento do copiloto do turismo foi tamén hospitalizado ao presentar dor torácica e un visible estado de nerviosismo, indicaron fontes de Protección Civil de Cuntis.
O suceso produciuse ao redor das 17.45 horas deste luns nunha estrada recta na que non adoita haber accidentes pero que, cando se producen, adoitan ser graves, ao tratarse dunha vía na que se circula a alta velocidade e está permitido adiantar, explican desde corpo de voluntarios.aso por Cuntis
Relacionadas:
-
A pandemia chegou para revolucionar e acaparar a actividade de Protección Civil de Cuntis
Por Natalia Puga |
-
Un condutor resulta ferido leve ao envorcar o vehículo en Cuntis cando tentaba esquivar un can
Por Redacción |
-
Un mozo de camiño ao traballo sofre un accidente e dá voltas no coche 60 metros en Cuntis
Por Redacción |
-
Unha muller resulta ferida de gravidade nun impacto en Cuntis cun camión cisterna que transportaba gas
Por Redacción |