Dous accidentes en menos de dez minutos deixan tres feridos en Alba e Cotobade
Por Redacción
Dous accidentes rexistrados con tan só dez minutos de diferenza saldáronse con tres persoas feridas leves e trasladadas a centros hospitalarios nos termos municipais de Pontevevedra e Cotobade. En ambos os casos foi necesaria a intervención da Garda Civil de Tráfico para regular a circulación e levantar ateigado.
O primeiro dos sinistros produciuse ás 15.56 horas na estrada que comunica as parroquias de Tenorio e Vilanova, en Cotobade. O sinistro consistiu na colisión entre un turismo e unha moto e deixou un balance de danos materiais e feridas no motorista.
O Centro de Atención de Emerxencias de Galicia-112 solicitou a presenza no lugar dunha ambulancia do 061. Tras atender no punto do sinistro ao condutor da moto, foi trasladado a un centro hospitalario.
Dez minutos máis tarde, ás 16.06 horas rexistrouse unha nova alerta no 112 por un accidente. Neste caso, na estrada N-550 ao seu paso pola parroquia de Alba, no termo municipal de Pontevedra.
O sinistro consistiu na colisión entre dous turismos na intersección entre a N-550 e o viario secundario PO-225 que comunica coa estrada de Vilagarcía (PO-531) saldouse con dúas persoas feridas trasladadas a un centro hospitalario.