Citan para un cribado aos 191 veciños da parroquia cuntiense de Portela
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, ven de emitir un aviso urxente acerca do cribado ás 191 persoas que viven na parroquia de Portela onde se detectou un gromo importante de contaxios.
Segundo informa o rexedor, o Servizo Galego de Saúde (Sergas), en coordinación cos servizos de Protección Civil e Policía Local de Cuntis, realizará o luns, día 18, un cribado á veciñanza desta parroquia para detectar casos de Covid-19.
Están citados os veciños de todos os lugares da parroquia: Portela, Novás, Loureiro de Abaixo e Loureiro de Arriba.
O cribado terá lugar na explanada da igrexa parroquial entre as 09.00 horas e as 12.00 horas e entre as 12.30 e as 14.30 horas. Se non se remata a tempo neste horario continuarase ata completar as probas.
O rastrexo realizarase por orde alfabética de apelido en rangos dunhas 50 persoas por hora.
É imprescindible acudir con identificación persoal, ben sexa a través do DNI ou da tarxeta sanitaria.
Aconséllase que a veciñanza do lugar de Portela acuda ao cribado a pé e que a das demais aldeas se despracen en vehículo cumprindo tódalas medidas de seguridade.
Todas as mostras tomadas con PCR na parroquia de Portela en Cuntis procesaránse no servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e os resultados serán comunicados aos usuarios por SMS, sempre que o resultado sexa negativo. No caso de resultar positivo, esta notificación comunicaráse de xeito individual a cada cidadán.
Relacionadas:
-
Preto de 200 persoas realizan probas PCR en Cuntis para detectar casos asintomáticos
Por Redacción |
-
Sanidade notifica nove vítimas de covid en Galicia este domingo, unha delas en Montecelo
Por Redacción |
-
Cribados con PCR en seis concellos
Por Oskar Viéitez |
-
O alcalde solicita un cribado masivo en Poio diante da situación de máxima alerta no municipio
Por Oskar Viéitez |