Un home de 66 anos, vítima 90 do coronavirus na área sanitaria de Pontevedra - O Salnés
Por Redacción
Tan só 66 anos tiña a vítima número 90 ocasionada pola pandemia na área sanitaria de Pontevedra - O Salnés. Segundo os datos que notificaba a Consellería de Sanidade este sábado, a persoa falecida nas últimas horas era un home que contaba cun historial clínico no que figuraban outras enfermidades previas antes de contraer o coronavirus.
Nos primeiros 16 días deste 2021 faleceron na área sanitaria unha decena de persoas. A anterior vítima mortal rexistrábase o xoves 14 cando unha muller de 91 anos de idade se sumaba á lista de pacientes mortos no Hospital Montecelo.
Durante este sábado, nos datos que facilita a Consellería de Sanidade rexístranse outros tres decesos tamén diagnosticados por coronavirus. Un home de 81 e unha muller de 87 anos perdían a vida no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e outro home, de 98 anos de idade, falecía no Hospital de Verín por culpa da pandemia. Segundo o Servizo Galego de Saúde, todas as persoas contaban con outras enfermidades nos seus historiais.
Con este novos catro falecementos, Galicia xa supera as 1.500 vítimas mortais desde que se iniciou o reconto de mortes por esta enfermidade. A cifra sitúase en 1.503 defuncións, das que 258 producíanse en residencias e 349 en hospitais e residencias integradas, segundo os datos que ofrece a Consellería de Sanidade.
Relacionadas:
-
Sanidade notifica nove vítimas de covid en Galicia este domingo, unha delas en Montecelo
Por Redacción |
-
Agrávase a situación da área sanitaria con 91 novos contaxios nas últimas 24 horas
Por Oskar Viéitez |
-
Cen contaxios máis este sábado na Área Sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
Núñez Feijóo ve "razoable" adiantar aínda máis o toque de queda e facer confinamentos "parciais"
Por Redacción |
-
A vítima 89 por covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha muller de 91 anos, falecida en Montecelo
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |